Principal »
Contacta con nós
- jorge, boiro
- 19/02/2012
- Pregunta:
- Estiamado señor alcalde,estamos todos nun momento critico economicamente pero hai que facer un esforzo para reparar a maquina de cobrar no parquin porque non funciona dende hai semanas,por outra parte os columpios da propia plaza do concello movense lateral mente dunha maneira peligrosa,tendo que eatar os pais pendientes de que os nenos teñan o mayor coidado posible,na mesma plaza o tellado de madeira que ainda hoxe non entendo a funcion de dito tellado porque e anti estetico e non da abrigo,as vigas de madeira estanse desfacendo algunha falta a mita da madeira.non pido obras solo pido aguantar do que temos,con todo esto un cordial saludo.
- O Concello responde:
- O sistema do parking públlico está totalmente obsoleto, non só e preciso arranxar a barreira senón que hai sustituir por completo a instalación e centrais automáticas, vémonos na obriga de esperar a dispor de partida orzamentaria neste ano 2012 para o cambio, procuraremos que sexa en breve, aproveitamos para pedir disculpas polas molestias que esto poida estar causando. En canto o do parque infantil, as previsións están feitas para que a primeiros de marzo estén xa os novos elementos colocados e se complete esta renovación, tamén coa primavera a vista contando co bo tempo faremos unha importante actuación de conservación na praza do Concello reparando elementos metálicos e de madeira que o necesitan, gracias Jorge.
- veciño, boiro
- 14/02/2012
- Pregunta:
- Bos dias, gustariame saber si a torre de goyanes, e publica ou esta alquilada, xa que por ela andan 5 ou 6 cabalos soltos, e ademais andan uns señores de lampon cun tractor, e ainda por encima contestanche mal como si eso fora deles,gracias.
- O Concello responde:
- Enmarcado dentro dun programa de actuacións medio ambientais e de conservación xa do anterior goberno, hai varias cesións como é o caso de prantaciónsde productos ecolóxicos e tamén o caso destes animais onde por parte dos veciños se dispón de espazo público no entorno do Pazo de Goians, gracias por contactar.
- Manuela, Boiro
- 14/02/2012
- Pregunta:
- Dende fai unhas semanas no concello tódolos cans deben estar debidamente identificados co seu chip, e non poden estar soltos baixo pena de multa. Ós que temos can parécenos moi ben a identificación das nosas mascotas. Pero necesitamos un espacio no que os nosos cans poidan correr e xogar. Non precisamos un campo de fútbol, só un pequeno recinto no parque da Cachada no que ninguén nos berre por ter can. Estamos dacordo con que hai razas perigosas, pero non tódolos cans son perigosos. Ademáis, se o que preocupa ó concello son os excrementos dos cans, respóndolle que a xente que estamos tan pendentes das nosas mascotas somos os primeiros en querer un espazo limpo.
- O Concello responde:
- En cumprimento da lexislación autonómica e ordenanzas municipais e de obriga que todolos cans posúan o devandito chip de identificación, gracias o cal se ten un rexistro do animal para evitar abandonos ou no caso de producir un accidente ou extravio identificar o propietario. Por outra banda os cans deben de ir atados en espazo publico, lóxico para evitar molestias os peons e incluso accidentes si saen a via publica. Nun parque público (como a Cachada) existe un parque infantil, donde hay area ademais de zonas axardinadas para o xogo dos nenos, o estar os cans soltos e tratarse dun espacio aberto seria moi dificil acotar a zona de xogo para os animais. Non obstante esta é a primeira demanda que recibimos o respecto e procedemos a evaluala a ver si se presenta unha opción viable, moitas gracias por comunicar con nos Manuela.
- ANONIMO , BOIRO
- 13/02/2012
- Pregunta:
- MIREN EU QUERIA SABER SE OS CAMIONS PODEN APARCAR NA CALLE ANCHA TAMEN CHAMADA AVENIDA DA CONSTITUCION POR QUE LEVAN DOUS ONDA A DISCONTECA ESTA QUE ESTA CERRADA DUAS SEMANAS OCUPANDO O SITIO DE CINCO COCHES E NON O VEXO NORMAL XA QUE XA NON HAY MOITO DONDE APARCAR QUE OS LEVEN PO POLIGONO OU SINON PA CHATARREIRA QUE EU XA OHIN QUE ESTABAN ABANDONADOS QUE ME COMNTARON QUE MIRARON EN TRAFICO E ESTABAN DADOS DE BAIXA PERO NON SEI SE E VERDADE BUENO CHAO
- O Concello responde:
- A Policía Local ten constancia e informe desta ocupación, a día de hoxe estánse realizando as dilixencias oportunas para a súa retirada, moitas gracias.
- VECIÑO , BOIRO
- 13/02/2012
- Pregunta:
- HOLA QUE TAL BOAS E MIREN EU DIRIXOME A BOSTEDES PARA HABER SE QUITAN DUNHA VEZ ESES CAMIONS QUE ESTAN O FINAL DA AVENIDA DA CONSTITUCION ALI ONDA A DE OUTERIAL QUE XA LEVAN DUAS SEAMNAS APARCADOS ALI E XA HAY MOITO AP0RCAMENTO PARA QUE AHINDA POR RIBA APARQUEN OS CAMIONS ONDE NON LLE TOCA ATA LOGO .
- O Concello responde:
- A Policía Local ten constancia e informe desta ocupación, a día de hoxe estánse realizando as dilixencias oportunas para a súa retirada, moitas gracias.
- BOIRENSE , boiro
- 13/02/2012
- Pregunta:
- HOLAN BOAS E DIRIXOME A BOSTESDES PARA MANIFESTAR O MEU MAL ESTAR POLAS PRAZAS DE APARCAMENTO QUE ESTAN A OCUPAR UNS CAMIONS QUE ESTAN APARCADOS EN ZONA DE UTILITARIOS NA AVENIDA DA CONSTITUCION NA ZONA O FINAL ONDA A CARRETERA QUE ENLAZA CON PONTE GOIANS SON UN CAMION BLANCO E OUTRO GRIS QUE ESTAN A UN LADO E O OUTRO DA RUA PARA SER MAIS EXACTOS ESTAN ENFRENTE DA CASA DE DAVISAN OU DA DISCOTECA QUE HABIA O LADO DA DE ROSALINO .
- O Concello responde:
- A Policía Local ten constancia e informe desta ocupación, a día de hoxe estánse realizando as dilixencias oportunas para a súa retirada, moitas gracias.
- un veciño da avenida da contitucion, boiro
- 13/02/2012
- Pregunta:
- hola boas tardes noites o señor concelleiro de trafico e infrastructuras viarias se e que existe senon a quen conpeta eu queria manifestar o meu mal estar polo seguinte motivo como bostedes ben saben as prazas de aparcamento dunha parte a estroura estanse a mermar polo tanto non vexo normal que os camions aparquen na avenida da constitucion mermando de por si mais as prazas de aparcarmento esistentes polo tanto insto a quen conpeta a que ordee o levantamento destes camions xa que levan mais de duas semanas aparcados ocupando praazas non reservadas para eles senon para utilitarios ditos camions estan aparcados a un lado e outro da rua constitucion enfrenta da antiga discoteca chamada scrin no tramo que enlaza desde a calle que bai para praia xardin e enlaza con ponte goians ditos camions por oidas din que estan dados de baixa en trafico polo tanto segun eu creo deberian estar nun desguaze xa que ser do contrario constitue un delito contra a natureza e para ser mais exactos estes camions son un renault blanco e un man de cor cafe ou gris sen mais esperando a sua contestacion un cordial saudo.
- O Concello responde:
- A Policía Local ten constancia e informe desta ocupación, a día de hoxe estánse realizando as dilixencias oportunas para a súa retirada, moitas gracias.
- Miguel, Boiro
- 13/02/2012
- Pregunta:
- Gustaríame saber que foi de aquel proxecto de remodelación do parque infantil da praza do concello.O que está agora e vello e incluso perigoso para os cativos
- O Concello responde:
- Miguel tal como informou este goberno no seu día, o proxecto encontrábase sen contratar e adxudicar, trámites que detiveron máis da conta esta actuación, neste momento contamos coa previsión de que no vindeiro mes marzo os nenos poidan xa disfrutar del, moitas gracias.
- boirense, boiro
- 11/02/2012
- Pregunta:
- queria saber informacion sobre o concurso "A muller máis importante da miña vida" Grazas
- O Concello responde:
- Nesta web no apartado de novas hai información sobre este tema. Un saúdo.
- María Dolores, Boiro
- 11/02/2012
- Pregunta:
- Quería saber donde podo obter informacion para o concurso "A muller máis importante da miña vida 2012" Graciñas
- O Concello responde:
- Nesta web no apartado de novas hai información sobre este tema. Un saúdo.
Mapa da web
Contacto